Galician NL Project / Proxecto Galego

Axuda e asistencia

Axuda

Os usuarios finais de LibreOffice son as persoas que están no centro de todo o que facemos no proxecto LibreOffice. Para obter axuda coas súas dúbidas ou problemas relacionados con LibreOffice, actualmente temos os seguintes recursos dispoñíbeisi. Estamos a traballar duro para mellorar e aumentalos, e convidamolo a se involucrar tamén.

Para obter asistencia técnica comercial sobre LibreOffice consulte a nosa lista de socios certificados.

Para asistencia ao usuario, temos: 

  • Documentación: Comprobe a páxina de descarga de documentación de usuario para axudar a comezar a utilizar todas as funcionalidades da LibreOffice.
  • FAQ: Estamos a compilar unha lista das preguntas máis frecuentes. Por favor, comprobe se a súa pregunta xa foi contestada. Se non, animámolo a envíar á nosa lista de asistencia ao usuario e suxira engadila.
  • Axuda de LibreOffice en liña: Pode buscar o aplicativo de axuda da LibreOffice - pode escoller entre a Axuda do Writer, Axuda do Calc, Axuda do Impress ou doutros temas relacionados coa LibreOffice.
  • Listas de correo: A lista de correo de asistencia ao usuario é a nosa principal canle dedicada aos usuarios de LibreOffice que precisan de axuda cun problema: users@global.libreoffice.org. Ten que se rexistrar na lista antes de que poder publicar unha pregunta. Para iso, só ten que enviar unha mensaxe baleira (sen liña de asunto, sen corpo da mensaxe) a usuarios+subscribe@global.libreoffice.org. As instrucións enviaránselle de volta a vostede inmediatamente (comprobe se hai novas mensaxes, e comprobe a súa caixa de spam/correo masivo se é o caso). Para obter información sobre as nosas outras listas de correo, por favor visite o índice global. Para instrucións detalladas sobre como anular a subscrición da lista de discusión, prema aquí.
  • Sumándose á comunidade galega e preguntando directamente na lista do grupo de usuarios galegos.[gl-users] users@gl.libreoffice.org.

Para subscribirse a esta lista envíe unha mensaxe ao enderezo seguinte: users+subscribe@gl.libreoffice.org Recibirá en resposta unha mensaxe automática que lle pedirá confirmación da subscrición.

Atención: é posible que esta mensaxe sexa interceptaba por un antispam demasiado celoso, mire logo no seu cartafol de papeleira de mensaxes.
  • AskLibO: O web Ask LibreOffice ofrece un espazo onde se pode facer (e responder!) Cuestións relacionadas con LibreOffice. AskLibO é sitio moderno para o aseguramento da calidade, non é un foro web estilo Bulletin Board. Actualmente, o sitio web ten a interface de usuario só en inglés, pero estamos a traballar cos desenvolvedores do Askbot para facilitar a localización de ambos: da interface de usuario e das preguntas/respostas.
  • Wiki: O wiki é un traballo en progreso da comunidade LibreOffice. Ademais de apoio ao usuario, pode fornecer información sobre as nosas ideas, proxectos, visións, obxectivos e produtos. Todo o mundo pode participar.
  • Nabble: A nosa lista de correo de asistencia ao usuario é unha gran canle de apoio directo desde o proxecto LibreOffice. Con todo, sabemos que moitas persoas están afeitas a foros como un medio de enviar dúbidas de funcionamento. Todas as listas de correo de LibreOffice se poden ler e se rexistran a través dunha interface parecida a un foro: funciona con Nabble. Nabble parece un foro, e pode rexistrarse cunha conta Nabble e publicar as súas mensaxes como se fose un foro. Pero cada "categoría", en realidade amosa as mensaxes dunha das nosas listas de correo. Antes de que poida enviar unha mensaxe ás roldas de distribución vía Nabble, ten que se rexistrar unha conta Nabble primeiro (prema na ligazón "Register" na parte superior da páxina do índice de Nabble) e, a continuación, entrar no sistema (prema a ligazón "Login" na páxina de índice do Nabble).
  • Canles de IRC: Pode falar coa xente no IRC en freenode.net. A canle #LibreOffice é para asistencia ao usuario e para discusión xeral. (Se vostede é un desenvolvedor e quere se involucrar en desenvolvemento, veña falar na canle #LibreOffice-dev en irc.freenode.net).
  • Requisitos do sistema: Ler os requisitos do sistema para ver o que son os requisitos de instalación da LibreOffice.
  • As instrucións de instalación: Visite a páxina de instrucións de instalación para obter instrucións detalladas paso a paso para instalar o LibreOffice no seu sistema operativo (Windows, Macintosh ou GNU/Linux).
  • Información de accesibilidade: Lea estes consellos de accesibilidade e información para aprender a scar o máximo proveito da LibreOffice e facerse un usuario avanzado.