Galician NL Project / Proxecto Galego

Nós

LibreOffice é un software dirixido e desenvolvido por unha comunidade que é un proxecto da organización sen ánimo de lucro, The Document Foundation.

LibreOffice desenvólveno usuarios, como vostede, que cren nos principios do software libre e en compartir o seu traballo co mundo dun modo non restrinxido. No corazón destes principio está a promesa dun software de maior calidade, altamente fiábel e seguro que lle dá a maior flexibilidade a custo cero. Alén disto, o factor condutor detrás da comunidade é a escolla persoal pola transparencia, o que se traduce na práctica nunha ampla compatibilidade, máis utilidade e sen facer cativo o usuario final dun único produto.

A comunidade detrás de LibreOffice é o corazón do proxecto, se o que non poderiamos ter os recursos para desenvolver o software. A paixón e iniciativa que trae cada individuo á comunidade, resulta nun desenvolvemento colaborativo que excedeu as expectativas e, o mellor de todo, do que podes formar parte de múltiplas maneiras.

As Regras da comunidade, desenvolvidas pola nosa propia comunidade de membros, guía o noso traballo e anima a novos membros a colaborar dunha maneira que beneficia a comunidade enteira tanto como a si mesmos, mentres protexe os teus dereitos como desenvolvedor cos termos da licenza Lesser GNU Public v3. Para ver quen xa colaborou co proxecto LibreOffice, vexa a atribución de méritos na páxina de créditos. Veremos aí o seu nome axiña?

A nosa Norma de privacidade está dispoñíbel para lectura se está interesado en como a comunidade protexe os seus dereitos, e a nosa información legal tamén está publicamente dispoñíbel para asegurar a transparencia dentro da nosa organización.