Sempre hai moito co que colaborar e o noso equipo está sempre aberto a novas incorporacións. Dedicamos todo o tempo necesario a apoiar os novos e novas colaboradores.
Anímate !!!
O día a día levámolo a través da lista de correo xeral do Proxecto galego de Lingua Nativa (Galician NL Project). Subscribirse ou consultar os arquivos para seguir o fío é ben fácil.
Tamén che recomendamos unha visita a Trasno.net o lugar onde encontrarás información, axuda, recursos sobre isto da galeguización do software. Trasno, como grupo veterano na localización de software, e máis dunha década de actividade voluntaria ininterrompida é unha comunidade acolledora e respectuosa que aprende constantemetne, traballando e colaborando. Tamén coa súa lista de correo http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto