LibreOffice é unha completa suite ofimática de calidade profesional que se pode descargar e instalar de balde. Hai unha gran base de usuarios de LibreOffice satisfeitos en todo o mundo, e está dispoñíbel en máis de 30 idiomas e para todos os principais sistemas operativos: Microsoft Windows, Mac VOS X e Linux (Debian, Ubuntu, Fedora, Mandriva, Suse, ...) .
Pode descargar, instalar e distribuír LibreOffice libremente, sen temor a infrinxir dereitos de autor.
Que podemos salientar de LibreOffice?
LibreOffice é un paquete de productividad de oficina maduro e repleto de características con algunhas vantaxes moi notábeis:É gratuíto – non se preocupe por custos de licenza.
WRITER é o procesador de textos dentro de LibreOffice. Úsase para todo, desde garabatear unha carta rápida a producir un libro enteiro coas táboas de contido, ilustracións incorporadas, bibliografía e diagramas. O autocompletado mentres escribe, o formato e a revisión ortográfica automática fan fáciles tarefas difíciles (pero son sinxelos de desactivar se o prefire). Writer é suficientemente potente como para facer fronte ás tarefas de autoedición como a creación de boletíns de varias columnas e folletos. O único límite é a súa imaxinación.
CALC doma os seus números e axuda a tomar decisións difíciles cando evalúa alternativas. Analice os datos con Calc e logo pode usalos para presentar o seu resultado final. Gráficas e ferramentas de análise axudan a dar transparencia ás súas conclusións. Un sistema de axuda totalmente integrado fai máis fácil o traballo de introducir fórmulas complexas. Agregue datos de bases de datos externas como SQL ou Oracle, logo ordéneos e fíltreos para producir análises estatísticas. Utilice as funcións de graficación para amosar gran cantidade de gráficos 2D e 3D en 13 categorías visuais: liñas, áreas, barras, circulares, X-E, e rede - con ducias de variacións dispoñíbeis, vostede pode estar seguro de atopar unha que se adapte ao seu proxecto.
IMPRESS é o xeito máis sinxelo e rápido de crear presentacións multimedia efectivas. Impresionantes efectos de animación e sensacionais efectos especiais axudaranlle a convencer ao seu auditorio. Cree presentacións que se vexan aínda máis profesionais que aquelas presentacións estándar que comúnmente ve no traballo. Obteña atención dos seus colegas e xefes mediante a creación de algo un pouco diferente.
DRAW permítelle crear diagramas e debuxos a partir de cero. Unha imaxe vale máis que mil palabras, así que por que non intentar algo simple con diagramas de caixas e liñas? Ou ben ir máis aló e construír fácilmente ilustracións dinámicas 3D e efectos especiais. É tan simple ou tan potente como queira que sexa.
BASE é a interface de base de datos da suite LibreOffice. Con Base, pode integrar perfectamente as súas estruturas de base de datos existentes. Partindo de táboas importadas e vinculadas e consultas de MySQL, PostgreSQL ou Microsoft Access e moitas outras fontes de datos, pode crear potentes bases de datos que conteñan formularios, informes, vistas e consultas. A integración completa é posible coa base de datos HSQL incorporada.
MATH é un editor de ecuacións simple que lle permite deseñar e amosar as súas ecuacións matemáticas, químicas, eléctricas ou científicas rapidamente en notación escrita estándar. Incluso os cálculos máis complexos fanse comprensíbeis cando se amosan correctamente. E=mc2.
LibreOffice tamén vén configurado cun creador de arquivos PDF, o que significa que pode distribuír documentos que pode estar seguro poden ser abertos e lidos polos usuarios de case calquera dispositivo informático ou sistema operativo.
Descargue LibreOffice agora e próbeo hoxe mesmo.